viernes, 10 de junio de 2011

XOGOS TRADICIONAIS

                          
VILLARDA:  Cómpren dous paus, un grande e outro pequeno. Petábase no pequeno para que saltara.

RAIA:  Faise un cadro con seis casiñas. Sáltase a pata coxa empurrando unha pedra plana, sen pisar as liñas que separan as casiñas.

BONECAS:  As bonecas facíanse con pelo de millo verde e vestíanse con trapiños.

BOTELLA:  Cómpre un aro de metal atado a unha corda e a corda a un pau. Débese atinar co aro no pescozo da botella.

TIRACROIOS:  Un pau con forma de forquito, unha goma e... a tirar.

XOGOS con materiais naturais como follas de castiñeiro, canas de bambú ou varas de salgueiro, facían as delicias dos máis pequenos.

QUE SABES DA ULLOA?

 O alumnado propuxo as seguintes preguntas sobre a Ulloa:

1.- Que dous produtos gastronómicos destacan na comarca?


2.- En que concello ulloano se atopa o Castelo de Pambre?

3.- E a Torre  de Amarante?

4.- Quen gañou o rally 2011 da comarca da Ulloa?

5.- Que concello ulloano alberga un centro peninteciario?

6.- Que curso leva o río Ulla polas terras da Ulloa?

7.- En que monte seoanense se atopan os famosos petroglifos?

8.- En que lugar nace o río Ulla?

9.- A que ducado pertence a Torre de Penas?

10.- Que parroquia monterrosina atravesa o Camiño de Santiago francés?

11.- A que poeta monterrosino lle foi dedicado o ano das Letras Galegas?

12.- En que lugar da parroquia monterrosina de Ligonde se atopa o cruceiro máis emblemático do camiño francés?

lunes, 23 de mayo de 2011

FALANDO CON SOLEDAD, de 103 anos de idade.

Lendas de cando ela era pequeña.
Polo camiño da Somoza había dúas minas, unha de petróleo e a outra de ouro. A xente dicía que se se chegase a abrir a mina de petróleo, habería unha grande explosión.




No Castelo de Castro de Amarante, había un pasadizo que chegaba ao monte do Farelo. Para comprobalo, meteron un capón nel, e poideron comprobar que, efectivamente, chegou ao pico do monte Farelo.
Tamén se dicía que estando unha muller coas cabras no monte, saíulle un porco polo pasadizo, e “fixo as súas necesidades” aos seus pés, feito que a anoxou moito.
Un home que pasaba por alí díxolle que a recollera. A muller, anque anoxada, fíxolle caso e, para o día seguinte, atopouse cun montón de ouro.






Na época de Soledad
O cura Luna era o secretario do rei. Un home moi bo que, polas noites ensinaba aos maiores, aprendéndolles a ler e a escribir, axudado pola profesora Cristina que se ocupaba dos nenos da escola durante o día.

viernes, 29 de abril de 2011

Horreos da Ulloa

Un dos alumnos de 1º interesouse polos horreos da Ulloa, que como sabedes é unha construcción agrícola destinado a secar , curar e gardar o millo e outros cereais antes de desgranalos e moelos.
No seu pobo  hai  varios horreos sen datar, así que adicouse a a maioría así que buscouse a sacar fotos e preguntar no pobo a data de construcción.

Horreos de 200 anos:


Horreos de 100 anos:

                                                                         

Horreos de 60 e 65 anos:

Horreo de 35 anos:

martes, 26 de abril de 2011

Entrevista a un luthier

Entrevistamos ó Lutier Pablo Cid Peiteado, veciño da parroquia de Senande en Antas de Ulla.


Canto tempo dura a fabricación dunha zanfonas?


Dependendo do número de zanfonas que fabrique. Quizais nun mes fabrico seis zanfonas.


Con que tipo de madeira se fabrican as zanfonas?


Madeiras brandas e non resinosas para as tapas (cedro, abeto). Madeiras duras para aros e fondo (nogueiras, pau santo, cerdeira).


Onde consegues a madeira?


En empresas especializadas de venta de madeira para a fabricación de instrumentos.

Cales son as partes principais dunha zanfona?

Caixa harmónica, roda, teclado, clavixeiro, cordal, ponte,veo (manubrio).

Como dobras a madeira?

Con calor e humidade. Aínda que antigamente dobrábase cos tubos das estufas.

Onde vendes as zanfonas?

Normalmente fabrícoas por encargos.

Se queres ter máis información a cerca de Pablo Cid so tes que entrar na súa páxina web: Pablo Cid Zanfonas.

Cruceiros

Na comarca da Ulloa hai unha grande cantidade de Cruceiros. Se houbera que esoller un sen dúbida que sería o de Lameiros, no Camiño de Santiago, na parroquia de Ligonde.

domingo, 24 de abril de 2011

Entrevista ao Secretario da Asociación de pescadores da Ulloa (Monterroso)



A pesca xunto ca caza é un dos deportes máis practicados na zoa da Ulloa. E por iso que uns dos nosos alumnos que soe sair a pescar elexiu facer unha entrevista a un directivo dunha asociación de pesca:

CANTO DURA A TEMPADA DE PESCA?
No intensivo e sen morte empeza o 20 de marzo e acaba o 30 de setembro.
No coto normal empeza o 20 de marzo e acaba o15 de agosto


CANTOS SOCIOS HAI NA ASOCIACIÓN?
Hai aproximadamente 600 socios.


ENTRE QUE IDADES?
Entre os 5 anos a 92 anos


QUE TIPOS DE COTOS HAI?
 Coto de Monterroso, coto de Antas de Ulla, coto intensivo, coto sen morte


CAL É O TAMAÑO MINÍMO DAS TROITAS?
17 cm no coto de Monterroso e 19 no resto de cotos


EN QUE DATAS SE PODE PESCAR?
Todos os dias da semana menos luns e xoves (sempre cando non sexan festivos nacionais ou autonómicos), para todos os cotos.
No libre todos os dias menos os luns (sempre cando non sexa festivo nacional ou autonómico)